miércoles, 16 de mayo de 2018

Seguimos co proxecto de xogos tradicionais!


Esta semana seguimos a traballar no proxecto “A que xogaban os nosos avós?” e estamos esforzándonos moitísimo nas habilidades plásticas, posto que, o xogo que decidimos facer, o da rá, estanos a dar traballo: medir e recortar os cartóns, facer os buratos, as rás, pensar nas puntuacións que temos que poñer, pintar.... pero que ben nos vai quedar, polo que se pode ver!

No hay comentarios:

Publicar un comentario