martes, 30 de abril de 2024

A biblioteca escolar: O noso recuncho de información

Co motivo de investigar as etapas da Prehistoria e da  Historia, os alumnos e alumnas de 4º de Primaria, acudimos hai uns días á biblioteca escolar a indagar sobre elas. 

Empregamos para a nosa busca, numerosos libros de consulta dispoñibles na biblioteca do centro e apoiámonos nunha ficha de investigación na que puidemos recoller tódolos datos necesarios. 

Lembramos, para empezar, cales son as normas máis importantes nunha biblioteca. Logo colocámonos por equipos de traballo e aprendemos a buscar nun índice. A continuación realizamos o traballo de investigación con todos os medios á nosa disposición. Finalmente colocamos todo no seu lugar correspondente e volvemos á aula para poñer a información recabada en común.

A continuación vos compartimos unhas imaxes dese día.