martes, 15 de noviembre de 2016

Os cogomelos. O noso proxecto entre 3º e 4º EP

Que seres vivos existen? Como podemos clasificalos? Hai algún ser vivo que non sexa nin planta nin animal? Con estas preguntas démonos conta que había seres vivos, coma os cogomelos que non podíamos decir que foran animais ou plantas. Pero entón, que eran? Necesitabamos investigar, compartir, experimentar... Acababa de nacer un proxecto!

O primeiro que fixemos foi investigar sobre o mundo dos cogomelos na aula de informática e chegamos a conclusións moi interesantes, como que pertencen ao reino dos fungos e que realmente a parte principal está baixo a terra (micelio). Así que a seta é o seu órgano reprodutor! Tamén vimos que as algunhas son comestibles e outras que non o son, que hai que collelas dunha determinada maneira e que cada parte do fungo ten unha función moi importante. 
Así que, na segunda sesión relacionamos mediante unha destreza de pensamento, as partes e o todo, as partes da seta e a función que tiñan, analizamos por que eran importantes e chegamos a conclusión de que todas son imprescindibles. Incluso descubrimos que grazas  ó anel que lles queda a algunhas ó medrar,  moitas veces podemos decir se son velenosas ou non (e iso que parecía que non tiña función algunha)

A continuación, investigamos sobre os tipos de setas e aquelas que mais presenza teñen no noso entorno. Convertemos o patio nun bosque imaxinario onde había setas por todos lados con moita información. Escollemos unha, lemos a súa información e anotamos o máis importante para facer a nosa propia exposición. Preparamos unhas maquetas moi chulas con algodón, porexpán e paus,  pintámolas tentando que se parecesen o mais posible á seta real. Ademáis os carteis informativos debían conter todo o necesario para saber diferenciar cada unha delas. A nosa exposición xa estaba lista! Recollimos cunha rutina de pensamento o que pensabamos antes sobre os cogomelos e o que pensamos agora... Vaia cambio!

















Ao aprender tantas cousas soamente nos faltaba poder ir a un bosque de verdade, consultar con un experto as dúbidas novas que tiñamos, recoller setas, analizalas e comelas! Así que fomos a ver a Juanjo e a Antía da asociación Alvarella e aprendimos un montón de cousas no bosque, co microscopio electrónico e con todos os xogos que nos propuxeron. Ademais comemos diferentes tipos de setas. Foi unha gran experiencia de fin de proxecto.





No hay comentarios:

Publicar un comentario