martes, 21 de noviembre de 2023

Saída ao Mercado Municipal de Pontedeume

Recentemente a nosa clase, xunto cos compañeiros de 3º de Primaria, realizou unha pequena saída ao mercado municipal da vila. Esta excursión enmárcase dentro do proxecto "Imos ó mercado" que estamos a realizar neste primeiro trimestre do curso. 

Unha vez dentro das instalacións, observamos os diferentes postos (floristería, chacinería, froitería, peixaría, etc.), tamén os precios de cada producto, as persoas que alí traballan e os materiais e recursos que empregan para realizar as súas labores. Para que a experiencia fose real, levamos unha pequena cantidade de cartos (3 euros cada un) para poder adquirir productos locais e ser así conscientes do custo das materias. 

O obxectivo final da saída foi tomar ideas para, posteriormente, elaborar o noso propio mercado no centro, que montaremos por equipos cooperativos. 

Aquí vos compartimos imaxes da xornada









No hay comentarios:

Publicar un comentario