sábado, 13 de mayo de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA

O martes, día 9, celebramos unha xornada de convivencia no colexio. Compartimos comida, xogos e diversos talleres. Que ben o pasamos!!!!


Os pitiños bravos

Ao chegar cerca do asteroide B612 estaba todo escuro e apareceu o noso protagonista, podedes pensar todo o que queirades, nunca o adiviñaredes! É un lacasito e ten unha bazuca de plasma que mercou no feirón.
Atopouse cun polo que o quería comer e díxolle:
- Non, non, non me comas!
- Tranquilo tío, que non como lacasitos.
- Vale
O lacasito doulle unha bazuca coma a súa para ir a matar alieníxenas.
 Pero... oh sorpresa! O polo puxo un ovo e saíu un pitiño, e o pitiño  puxo un ovo e saíu outo pitiño, e así sucesivamente.  E fixeron un exército de polos.
Fóronse de festa porque bateron dous récords, o primeiro o exército de polos máis grande do mundo, e o segundo, o maior número de alieníxenas mortos en todos os tempos.  FIN.
Autor: Carlos Montero Díaz