martes, 27 de febrero de 2024

Exposicións orais en lingua galega

Durante este mes de febreiro o alumnado da clase de 4º de Educación Primaria estivo a realizar un traballo sobre o seu libro preferido.

 Primeiro completaron a lectura do libro escollido, logo fixeron unha tarefa de investigación sobre a ficha técnica de dita obra. A continuación, empregando as ferramentas dixitais das que dispoñen na aula, realizaron unha presentación en Canva con imaxes e información relevante do libro seguindo un esquema detallado. Para finalizar, unha vez corrixida a expresión escrita, realizaron a presentación oral para o resto dos seus compañeiros e compañeiras da clase recibindo valoracións positivas e preguntas de interés. 


Noraboa a todos/as os expoñentes!



 

 

  

  

  

 

 

 

 

 



jueves, 8 de febrero de 2024

As TICs complementan a nosa aprendizaxe

Dentro da nosa aula sabemos que non todas as aprendizaxes teñen lugar da mesma forma e as novas tecnoloxías son unha ferramenta ideal coa que podemos complementar o noso traballo diario durante a xornada escolar. 

É por isto que, na clase, empregamos as TIC para traballar tanto por equipos como de xeito individual ou por parellas, facendo que a realización das tarefas de investigación, práctica ou elaboración sexan máis lúdicas e próximas á realidade diaria que existe dentro e fóra da escola. 

A continuación, podédesnos ver realizando un traballo de investigación sobre o noso libro preferido para poder elaborar unha presentación que máis tarde exporemos para os compañeiros e compañeiras. 




Algunhas das aplicacións que máis empregamos son: o classroom, o correo electrónico, o jamboard e, como novidade este ano, o Canva. 

jueves, 1 de febrero de 2024

Novo proxecto en marcha

Recentemente as clases de 3º e 4º de primaria comenzamos un novo proxecto.  



A unha das nosas clases chegou unha mochila misteriosa e a través da rutina de pensamento Vexo, Penso e Pregúntome, tentamos averiguar que  materiais podía conter dentro. 




Unha vez rematada a rutina, abrimos a mochila para comprobar que cousas gardaba no seu interior e puxemos en común aqueles coñecementos previos que xa tiñamos sobre eles. 




Que máis traballaremos no proxecto? Manterémosvos informados.