
jueves, 24 de mayo de 2018
Una pequeña visita inesperada

miércoles, 16 de mayo de 2018
Seguimos co proxecto de xogos tradicionais!
Esta semana seguimos a traballar no proxecto “A que xogaban
os nosos avós?” e estamos esforzándonos moitísimo nas habilidades plásticas,
posto que, o xogo que decidimos facer, o da rá, estanos a dar traballo: medir e
recortar os cartóns, facer os buratos, as rás, pensar nas puntuacións que temos
que poñer, pintar.... pero que ben nos vai quedar, polo que se pode ver!
martes, 8 de mayo de 2018
A que xogaban os nosos avós?

E, por suposto, non podía faltar a parte práctica dos
xogos, posto que queremos experimentar por nós mesmos se realmente estas actividades que estamos a descubrir son divertidos! Conforme vaia avanzando o proxecto esperamos que algún dos nosos avós ou avoas se animen a vir a xogar con nós e contarnos un pouco sobre aqueles tempos. Seguiremos informándovos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)