Que seres vivos existen? Como podemos clasificalos? Hai algún ser vivo
que non sexa nin planta nin animal? Con estas preguntas démonos conta
que había seres vivos, coma os cogomelos que non podíamos decir que
foran animais ou plantas.
Pero entón, que eran? Necesitabamos investigar, compartir, experimentar... Acababa de nacer un proxecto!
O
primeiro que fixemos foi investigar sobre o mundo dos cogomelos na aula
de informática e chegamos a conclusións moi interesantes, como que pertencen ao reino dos fungos e que realmente a parte
principal está baixo a terra (micelio). Así que a seta é o seu órgano
reprodutor! Tamén vimos que as algunhas son comestibles e outras que non o
son, que hai que collelas dunha determinada maneira e que cada parte do
fungo ten unha función moi importante.
Así que, na segunda
sesión relacionamos mediante unha destreza de pensamento, as partes e o
todo, as partes da seta e a función que tiñan, analizamos por que eran
importantes e chegamos a conclusión de que todas son imprescindibles. Incluso descubrimos que grazas ó anel que lles queda a algunhas ó medrar,
moitas veces podemos decir se son velenosas ou non (e iso que parecía que non tiña función algunha)
A
continuación, investigamos sobre os tipos de setas e aquelas que mais
presenza teñen no noso entorno. Convertemos o patio nun bosque
imaxinario onde había setas por todos lados con moita información.
Escollemos unha, lemos a súa información e anotamos o máis importante
para facer a nosa propia exposición. Preparamos unhas
maquetas moi chulas con algodón, porexpán e paus, pintámolas tentando
que se parecesen o mais posible á seta real. Ademáis os carteis
informativos debían conter todo o necesario para saber diferenciar cada unha
delas. A nosa exposición xa estaba lista! Recollimos cunha rutina de
pensamento o que pensabamos antes sobre os cogomelos e o que pensamos
agora... Vaia cambio!
Ao
aprender tantas cousas soamente nos faltaba poder ir a un bosque de
verdade, consultar con un experto as dúbidas novas que tiñamos, recoller
setas, analizalas e comelas! Así que fomos a ver a Juanjo e a Antía da
asociación Alvarella e aprendimos un montón de cousas no bosque, co
microscopio electrónico e con todos os xogos que nos propuxeron. Ademais
comemos diferentes tipos de setas. Foi unha gran experiencia de fin de
proxecto.