Os obxetivos xerais son:
- Coñecer a orixe dos alimentos.
- Investigar sobre os coidados que precisan as plantas.
- Familiarizarse co uso de billetes e moedas en situacións da vida cotiá.
- Colaborar para crear un mercado na clase.
- Realizar comprar reais no mercado do pobo.
Empezamos cunha choiva de ideas: que sabemos da agricultura?
Continuamos coa destreza de pensamento COMPARA E CONTRASTA, cultivos urbanos/cultivos na horta.
Investigamos a proceso de cultivo de diversos productos:
En equipos decidimos que tipo de tenda íamos montar na clase: peixaría, carnicería, bar, panadería, floristería. Diseñamos os carteis e puxemos á venta os produtos. Por turnos, adoptamos o rol de compradores e de vendedores. Foi ben entretido.
Voltamos para o cole cargados cunha compra saudable e con algúns encargos dos nosos pais. Unha saída ben aproveitada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario