PROXECTO: PEDIATRAS NO COLE
- Que nos doe e onde?
- Por que é necesaria a hixiene diaria?
- Que hai que ter en conta cando visitamos o pediatra?
A organización dunha consulta de pediatría permitirálles aprender e repasar coñecementos adquiridos en diferentes áreas curriculares: funcións de diferentes órganos do corpo humano e nocións básicas de hixiene diaria e de prevención de enfermidades.
Por outra parte, tamén necesitarán poñer en xogo as súas habilidades lingüísticas para redactar textos e aplicar vocabulario científico, así como para desenvolver a comunicación non verbal, e a competencia artística en debuxos e análise de imaxes.
Así mesmo, ao planificar a organización da consulta, adestrarán as súas habilidades emprendedoras, xa que deberán definir os diferentes roles, anticipar dificultades e planificar as fases do proceso.
Así mesmo, ao planificar a organización da consulta, adestrarán as súas habilidades emprendedoras, xa que deberán definir os diferentes roles, anticipar dificultades e planificar as fases do proceso.
Nesta ocasión xogar aos médicos vai en serio. Tes a túa bata preparada?
No hay comentarios:
Publicar un comentario