miércoles, 1 de mayo de 2019

SEMANA SANTA

Unha liña do tempo, feita en equipo, permítenos coñecer que feitos celebramos cada día.


miércoles, 30 de enero de 2019

PROXECTO: MOLLÁMONOS?

Durante este trimestre 3º e 4º de primaria traballamos nun proxecto sobre a hidrosfera. 
Propuxémonos os seguintes obxectivos:
1.- Entender que é a Hidrosfera, describila e valorar a súa importancia para a vida na Terra.
2.- Coñecer os diferentes estados da auga e comprender o ciclo da auga na natureza.
3.- Identificar e localizar as grandes masas de auga: os océanos e os mares.
4.- Coñecer as augas doces e como se manifestan: os ríos, os lagos e as augas subterráneas. Comprender.
5.- Diferenciar o relevo de costa do relevo de interior.

6.-Valorar a importancia do consumo responsable da auga para evitar o seu esgotamento ou daño.

Mans a obra:

* Empezamos cantando "Somos una marea de gente" de Macaco, un pouco de música sempre anima. 
* Vimos onde nace o "pai Miño" e xa sabemos porque Galicia se coñece como "o país dos mil ríos".
* Abraiados quedamos coas imaxes espectaculares do río Mundo (olládeas).
Por equipos fixemos maquetas nas que se aprecian os elementos da paisaxe de costa e de interior.

* Realizamos a destreza de pensamento COMPARA E CONTRASTA entre ambas paisaxes.

Para rematar o proxecto visitounos o inxeniero Luís Pena Mosquera, vimos a presentación "AUGA E VIDA" que nos foi explicando axeitado a nosa idade.
 Ensinounos a medir o pH da auga, agora sabemos que a apropiada para o consumo humano ten que ter un pH de 7.
Descubrimos  os ascensores dos peixes, que lles permiten vencer as presas. como funciona unha depuradora e amosounos un medidor do caudal da auga.
Pasámolo en grande coa súa visita xa que foi moi amena e aprendemos, xogamos e divertímonos moto. Grazas Luís pola túa visita. Volve cando queiras.









martes, 15 de enero de 2019

AS PARTES DUN RÍO

Aclaramos moitos conceptos relativos as partes dun río: curso alto, curso medio e curso baixo. Tamén  o que é un afluente, unha cascada, un meandro...
Fxádevos que árbores tan chulas :)
E papiroflexia na desembocadura, intelixencias múltiples aplicadas.


ECOSISTEMAS

Investigamos sobre os diferentes ecosistemas e para aclarar as diferenzas entre eles, puxémonos mans a obra, reciclando todo o que atopamos nas nosas casas. Por equipos, realizamos estas tres maquetas. Disfrutamos moito con este traballo.



martes, 18 de diciembre de 2018

A NOSA CULTURA

Gústanos coñecer diferentes aspectos da nosa cultura, por iso este trimestre investigamos sobre: os
 castros, os hórreos, a música, os lavadoiros, os pazos, os cruceiros...
Aquí recollemos parte do noso traballo.
E o máis importante, cada día falamos un pouco máis en galego. Viva a nosa língua!!!!



AS PLANTAS

Traballando en equipo realizamos o mapa mental sobre as funcións vitais das plantas. Paola dalle un último toque a nosa obra :)

jueves, 24 de mayo de 2018

Una pequeña visita inesperada

Esta semana nos ha sorprendido una visita muy especial que ha traído nuestra compañera Carolina, ¡una pequeña cría de merlo! Nos contó que su abuelo encontró el huevo y cómo lo habían estado incubando para que pudiera nacer el pequeño pajarillo, de hecho, mirad si es joven que no tiene ni un semana. También nos dijo que se llama Peach, que lo están alimentando a base de papillas y que lo tienen en un pequeño nido entre algodones para que no le coja el frío. Nos ha llamando mucho la atención ver que es tan pequeñito, que apenas tiene pelo y esos ojitos saltones tan cerraditos. ¡Muchas gracias por compartir con nosotras esta experiencia compañera!