miércoles, 30 de enero de 2019

PROXECTO: MOLLÁMONOS?

Durante este trimestre 3º e 4º de primaria traballamos nun proxecto sobre a hidrosfera. 
Propuxémonos os seguintes obxectivos:
1.- Entender que é a Hidrosfera, describila e valorar a súa importancia para a vida na Terra.
2.- Coñecer os diferentes estados da auga e comprender o ciclo da auga na natureza.
3.- Identificar e localizar as grandes masas de auga: os océanos e os mares.
4.- Coñecer as augas doces e como se manifestan: os ríos, os lagos e as augas subterráneas. Comprender.
5.- Diferenciar o relevo de costa do relevo de interior.

6.-Valorar a importancia do consumo responsable da auga para evitar o seu esgotamento ou daño.

Mans a obra:

* Empezamos cantando "Somos una marea de gente" de Macaco, un pouco de música sempre anima. 
* Vimos onde nace o "pai Miño" e xa sabemos porque Galicia se coñece como "o país dos mil ríos".
* Abraiados quedamos coas imaxes espectaculares do río Mundo (olládeas).
Por equipos fixemos maquetas nas que se aprecian os elementos da paisaxe de costa e de interior.

* Realizamos a destreza de pensamento COMPARA E CONTRASTA entre ambas paisaxes.

Para rematar o proxecto visitounos o inxeniero Luís Pena Mosquera, vimos a presentación "AUGA E VIDA" que nos foi explicando axeitado a nosa idade.
 Ensinounos a medir o pH da auga, agora sabemos que a apropiada para o consumo humano ten que ter un pH de 7.
Descubrimos  os ascensores dos peixes, que lles permiten vencer as presas. como funciona unha depuradora e amosounos un medidor do caudal da auga.
Pasámolo en grande coa súa visita xa que foi moi amena e aprendemos, xogamos e divertímonos moto. Grazas Luís pola túa visita. Volve cando queiras.









No hay comentarios:

Publicar un comentario