Hoxe, a profe Ana Seoane apareceu na nosa clase cuns ovos bastante incríbles, porque son azuis, amarelos e marróns.
Contounos que os azuis os son dunha galiña de raza araucana. Os de cor marrón, de galiña marans e os amarelos son de galiñas cruzadas.
Tamén nos dixo que os azuis teñen menos colesterol. Quedamos abraiados 😳.
Sempre é bo día para aprender algo novo!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario