Enmarcada
dentro do noso proxecto intercentros "Mares de plástico: as 5 R"
fixemos unha saída á praia de Cabañas (elemento natural da nosa contorna) .
Unha vez alí, equipados con luvas e nos equipos cooperativos do proxecto, inspeccionamos a praia e comprobamos se tiña elementos que non deberían de estar nela, ben por ser contaminantes ou por non pertencer a ese espacio natural. Cal foi a nosa sorpresa cando enchemos as bolsas do lixo ben rápido! E cantas tiñamos! Non o podíamos crer!
A
verdade e que queríamos quedar máis tempo axudando a limpar o noso entorno,
pero era hora de voltar ao colexio. Unha vez no paseo da praia, analizamos todo
o lixo que atopamos, escollemos elementos representativos de cada
material para analizalo no centro e o resto tirámolo.
Observamos
que, con pequenos xestos, podemos axudar a que todas as paisaxes naturais que
nos rodean poderían estar máis limpas.
Debemos
ser conscientes da riqueza natural que temos ao noso arredor e reeducar
para non contaminar.
Xa na clase,
visitáronnos uns compañeiros da ESO, expertos no tema da reciclaxe para
explicarnos como separar todos esos elementos representativos que trouxemos na
nosa saída. A través dun xogo , practicamos a selección de residuos, para
separar correctamente e reciclar todos os desperdicios que xeramos.
Ademais,
tamén colaboramos co proxecto do centro "A liña verde", posto que
recollemos moitísima na praia.
Ao final do curso escolar, mediremos a que atopamos entre todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario