martes, 4 de febrero de 2020

Comezamos Proxecto Intercentros en 3º e 4º EP

En 3º e 4º EP comezamos un Proxecto Intercentros que, de maneira simultánea, realízase nos catro centros GOA de Galicia (A Coruña, Arzúa, Betanzos e Pontedeume).


Para comezar fixemos unha rutina de pensamento na que se nos plantexaban dúas imaxes moi diferentes: un mar limpo e outro cheo de residuos. Desta maneira, por grupos empezamos a extraer conclusións para, posteriormente, facer un debate en gran grupo. Despois de expoñer as nosas ideas, e o que en nós produciron as fotografías, visionamos un pequeño documental falando de todo o que o mar ten e non debería ter. Analizamos a nova información e coñecemos as cinco illas de plástico.
 Este vídeo produciunos moitas sensacións, pero ningunha boa, e decidimos que algo temos que facer. Entre todos, e cunha choiva de ideas,  escollimos e coñecimos as 5R (reeducar, reducir, reutilizar, recuperar e reciclar) e decidimos o título que terá o nos proxecto : "Mares de plástico".


Finalmente, a través da estructura de aprendizaxe cooperativa " Álbum de cromos", comezamos a elaborar consellos que pensamos que nos poden axudar a cumprir esas 5R, que o noso planeta necesita urxentemente.



Estade  atentos, seguiremos informando, isto só acaba de comezar....

No hay comentarios:

Publicar un comentario