martes, 10 de marzo de 2020

GRANDES MULLERES

O día 8 de marzo celebramos o día da muller,  quixemos recordar a tantas mulleres que loitaron polos dereitos que hoxe disfrutamos. Mil gracias!!!
Así de bonito nos quedou o xardín que fixemos todos xuntos, poñendo as nosas dotes artísticas.
Cada flor contén unha cita que nos fai reflexionar.


domingo, 16 de febrero de 2020

EL FONDO DEL MAR en HD

Para que disfrutéis de nuevo con el vídeo que tanto nos gustó, os dejo el enlace. Lo podéis compartir con vuestros padres. ¡Disfrutadlo!!!

EL FONDO DEL MAR EN HD.
IMPRESIONANTE!!!!

miércoles, 12 de febrero de 2020

Avanzando co proxecto "Mares de plástico: as 5R"



 
Enmarcada dentro do noso proxecto intercentros "Mares de plástico: as 5 R" fixemos unha saída á praia de Cabañas (elemento natural da nosa contorna) .

Unha vez alí, equipados con luvas e nos equipos cooperativos do proxecto, inspeccionamos a praia e comprobamos se tiña elementos que non  deberían de estar nela, ben por ser contaminantes ou por non pertencer a ese espacio natural. Cal foi a nosa sorpresa cando enchemos as bolsas do lixo ben rápido! E cantas tiñamos! Non o podíamos crer!







 A verdade e que queríamos quedar máis tempo axudando a limpar o noso entorno, pero era hora de voltar ao colexio. Unha vez no paseo da praia, analizamos todo o lixo que atopamos, escollemos elementos representativos de cada material  para analizalo no centro e o resto tirámolo.
 Observamos  que, con pequenos xestos, podemos axudar a que todas as paisaxes naturais que nos rodean poderían estar máis limpas.
 Debemos ser conscientes da riqueza natural que temos ao noso arredor e reeducar para non contaminar.


Xa na clase, visitáronnos uns compañeiros da ESO, expertos no tema da reciclaxe para explicarnos como separar todos esos elementos representativos que trouxemos na nosa saída. A través dun xogo , practicamos a selección de residuos, para separar correctamente e reciclar todos os desperdicios que xeramos.

Ademais, tamén colaboramos co proxecto do centro "A liña verde", posto que recollemos moitísima na praia.

Ao final do curso escolar, mediremos  a que atopamos entre todos.



miércoles, 5 de febrero de 2020

A mover o esqueleto!

Empezamos a estudar os ósos, ollade que chulo lle quedou a Pablo o debuxo cos nomes no seu sitio. Bo traballo!!!

Descubrindo Galicia

Temos tantas cousas por descubrir da nosa terra que nos puxemos mans á obra.
Investigamos os petroglifos, artesanía, escritores, pintores, comidas, construccións tradicionais, música...
Agora sabemos que a nosa cultura é moi rica.
Aínda nos queda tanto por descubrir... continuaremos...


martes, 4 de febrero de 2020

Comezamos Proxecto Intercentros en 3º e 4º EP

En 3º e 4º EP comezamos un Proxecto Intercentros que, de maneira simultánea, realízase nos catro centros GOA de Galicia (A Coruña, Arzúa, Betanzos e Pontedeume).


Para comezar fixemos unha rutina de pensamento na que se nos plantexaban dúas imaxes moi diferentes: un mar limpo e outro cheo de residuos. Desta maneira, por grupos empezamos a extraer conclusións para, posteriormente, facer un debate en gran grupo. Despois de expoñer as nosas ideas, e o que en nós produciron as fotografías, visionamos un pequeño documental falando de todo o que o mar ten e non debería ter. Analizamos a nova información e coñecemos as cinco illas de plástico.
 Este vídeo produciunos moitas sensacións, pero ningunha boa, e decidimos que algo temos que facer. Entre todos, e cunha choiva de ideas,  escollimos e coñecimos as 5R (reeducar, reducir, reutilizar, recuperar e reciclar) e decidimos o título que terá o nos proxecto : "Mares de plástico".


Finalmente, a través da estructura de aprendizaxe cooperativa " Álbum de cromos", comezamos a elaborar consellos que pensamos que nos poden axudar a cumprir esas 5R, que o noso planeta necesita urxentemente.



Estade  atentos, seguiremos informando, isto só acaba de comezar....

lunes, 20 de enero de 2020

LIKES AND DISLIKES

La semana pasada en clase de Inglés trabajamos los diferentes verbos que utilizamos para expresar aquellas actividades que nos gusta o no nos gusta hacer. Hemos aprendido que es muy importante no olvidarse de conjugar el verbo añadiendo la terminación -ing para que la estructura sea correcta.


Para practicar los diferentes usos de estos verbos y, ya que seguimos en el frío invierno, hemos escrito unas frases sobre lo que nos gusta hacer en dicha estación en unas plantillas con forma de gorro y de manoplas. Después las hemos decorado y pegado en un mural muy bonito que podéis ver en el pasillo de nuestra clase. ¡Mirad!





And you... what do you like doing in winter?